mércores, 12 de decembro de 2007

Unha humilde carqueixa


Serán de outono polas agrestes terras do Monte do Treito. Tempo atoldado, tristeiro e tarde de domingo. Gabeamos polas abas cincentas: o lume do verán pasado fixo ben o seu traballo. Procura de pegadas nas pedras milenarias, agora que ardeu o toxo e podemos acceder a paraxes noutrora imposibles. Mais non hai sorte na busca, nin sequera unha fermosa moura debaixo dunha pedra a peitear unha imposible cabeleira.
De súpeto, na fendedura do granito, alí estaba. Explosión de cores, loita pola supervivencia. Vén á alma a presenza obrigada de Noriega Varela, o poeta da montaña, aquel que se emocionaba coa pinga de orballo espiñada entre toxos.
Pois, velaí, unha homenaxe á súa sensibilidade lírica: ¡¡ Unha humilde carqueixa !!

Ningún comentario: